“Rural Horror Stories” é unha serie de antoloxía fantaterrorífica en galego con grandes doses de comedia, choteo e sátira. Está dirixida por Diego López e producida por Puberty Love e a Asociación Cinematográfica “O´Caimán” de Santiago de Compostela. Segue a liña estabrecida por obras seminais como Creepshow (George A. Romero, 1982), Contos dende a Cripta (William Maxwell, 1981), Historias para no dormir (Narciso Ibáñez, 1966)… etc. A serie preséntase e distribúese por volumes, cada un deles construído por tres relatos. A pesar de que son autoconclusivos, si que hai certas cousas que as unen: un complexo universo de ficción e con identidade propia.
Creemos que se pode utilizar a universalidade deste xénero para contar historias dende a casa, pero dirixidas a todo o globo. Trocaremos as iconas pop “ianquis” por iconas pop galegas: os hórreos, as mámoas, castros, bateas, fragas ou dolmes… As persoaxes do noso folclore así como as da nosa farándula.
Pero non nos poñamos pesados. Sabemos que o importante é entreter ao espectador, que pase un bo rato, e é por iso é que o tono será de comedia mezclada cunha dose de sátira e “vivalavirgen” encantadora.
Duarte Galbán ademais de estar moi implicado co proxecto dende que se lle deu a coñecer, forma parte do elenco principal da serie, que verá a luz próximamente na rede coas seguintes pezas:
- “O Neno do Hórreo” (2018) – Coñeceremos a catro estudantes de audiovisuais que, na búsqueda dunha reportaxe turculenta coa que petalo nas redes, descubrirán nos foros a historia dunha nena encerrada polos seus pais nun hórreo da recóndita aldea de Furallela. Pronto aprenderán que a verdade é máis complexa do que pensaban, e atoparanse enredados nunha violenta trama de horror satánico, humor chungo e confusión sexual. En este relato, Duarte é Gumer, un rapeiro fracasado cun ego un tanto peculiar que tenta facer o son da peza que pretenden gravar. A primeira morte diante de cámara do noso pequeno gran imbécil cósmico. Moi recomendable!
“Curta máis Friki” premio do GFFF (Galician Freak Film Festival).
“Mención de honra” na sección FETUS do FKM.
“Premio do público” na sección FETUS do FKM (Morte Máis Lograda)
- “Terror na batea” : Cando o científico tolo Pedro Madruga decidiu fedellar coa xenética da fauna mariña non puido prever os desastrosos resultados de xogar a ser Deus… iso hano comprobar nas súas propias carnes Xan, Loli, Pedro e Rosalía! Catro afoutos mozos que non tardarán en descubrir que a parrillada que tiñan prevista na batea non vai poder ser desta vez… Risas aseguradas! En este relato, Duarte é Xan: un mozo de pobo mariñeiro, extremadamente prepotente e imbécil que non deixará a ninguén indiferente. Un bo peixe… Desfrutádea!
Próximamente na rede!
- “O Apalpador”: Pablo Ravelo é o protagonista dunha nova entrega de Rural Horror Storis. En este caso, un debuxante que volta á vila onde se criou coa finalidade de empaparse de referencias para ilustrar un novo conto infantil. Cal será a súa sorpresa cando descubra que o conto que lle contaba o seu pai de pequeno, non é de todo así?
Próximamente na rede!