“Cámara Gags”: (Tempada 1 e 2 – CtvMedia e Televisión de Galicia) formato televisivo no que xunto con outros actores e actrices saía á rúa para buscar a comedia do xeito máis primitivo posible: coas cámaras ocultas. Sen axuda da voz e como se dun mimo se tratase, tentabamos enganchar ás víctimas con distinto tipo de resultados, uns máis positivos que outros. Sopapos… só levei dous.
Un proxecto moi ilusionante, porque foi dos primeiros… mentres remataba os estudos universitarios de Comunicación Audiovisual… Traballar e estudar, que responsable cheguei a ser… Non?
Molou! Repetiría encantado!
Que fermosa é a comedia!