Duarte Galbán súbese ao carro do coñecido formato das tardes da Televisión de Galicia, ao carón de Susana López.
Un programa establecido, que espalla por todo o país un equipo de reporteiros que axudarán a que as tardes na canle pública, estean máis vivas ca nunca. Contarémoslles aos nosos espectadores todo o que está pasando, o que se está facendo en cada vila, no campo, na cidade, no mar…
Un formato que aposta pola actualidade, polos temas dos que falamos todos e polo entretemento máis cercano. Con emisión diaria de luns a venres ás 19:00h da tarde, o “Fun Polo Aire” pretende ser un formato agradable, fresco, cheo de cor e de bo humor. En definitiva, falamos dun magazine de proximidade onde os verdadeiros protagonistas son os galegos e galegas de a pé, co fin de amosar que Galicia, está máis próxima ca nunca.
“Para min é un reto asumir este cambio de rexistro e, sobre todo, estar á altura dunha
xornalista coma a copa dun pino, como é Susana. Teño un equipo de envexa diante e
detrás da cámara, e afronto esta nova etapa con moita ilusión e con moitas gañas de
seguir aprendendo. Estou fortemente agradecido pola confianza e por todo o cariño que
me está a chegar.”