EU
“Coma un bo café: largo e cortado, ese son eu”
Rir, facer sentir, desfrutar… Non sabería dicir exactamente que foi o que me levou a chegar ata aquí… Non sei en que momento eu quixen destacar en algo así. Supoño que despois de decatarme que o fútbol non era o meu… Dinme algúns coñecidos (incluso mestres), que ten moito que ver con ser “o graciosillo da clase”, pero prométovos que non me gustaba dar a nota, ainda que si que é certo que tiraba algún que outro comentario ao aire… uns máis acertados que outros, claro. Cousas de nenos, supoño… E que, ao fin e ao cabo, que son eu máis que un neno no corpo dun xigante?
Duarte Galbán ademais de creador de contidos, é un comunicador, actor e presentador galego. El di que naceu en Rianxo, ainda que isto non é certo, porque o hospital estaba en Compostela. Dende neno soñou con adicarse ao mundo audiovisual, ainda que se se decantara por ser avogado ou médico, mellor lle iría… Comezou a súa andaina no Audiovisual Galego con moitas gañas, forza e ilusión e ademais da humilde experiencia que leva ó lombo, a educación, a retranca e o morro, son os seus avais.
Apaixoado do sorriso e de facer rir, Duarte non sempre adicou o seu traballo a ser o protagonista deste conto, senón que comezou detrás da cámara, dende onde moi poucos se atreven a estar: comendo os marróns da produción. Chegou o día no que lle propuxeron dar o paso e poñerlle cara a persoaxes e formatos, e todo isto cambiou… Dende esa, centra o seu traballo en idealizar e interpretar distinto tipo de papeis, ben sexan sobre un escenario e en directo, diante dunha cámara de cine, presentando en un plató de televisión ou na mesma rúa, lugar onde comezou.
É un verdadeiro millenial, pero dos máis veteranos, por iso aínda se lembra de cando a vida non se resolvía en internet, pero daquela, non tiña páxina web para contalo! Agora si!
Chamádeme o que queirades, pero chamádeme!
Sen máis… Un pallaso á súa total disposición!
Benvid@s!