Platós de Televisión, entrevistas a pé de rúa, curtametraxes ou mesmo series de ficción, pero…onde realmente podemos atopar a Duarte Galbán na súa salsa, é ao pé da xente, nun simple escenario. Un todoterreo capaz de adaptarse a todo tipo de situacións… ainda que custe creelo!
Precisas un evento adaptado e guionizado ao teu antollo?
Buscas darlle un xiro a esa gala de entrega de premios que tanto pode chegar a aburrir?
Pensas nun evento fresco, distinto e cercano?
Pois aquí estou, agardando por ti!
Miles de persoas xa viron nalgún momento os espectáculos no que este rapaz se deixa levar, pero, non te olvides que ningún deles é similar ao anterior! Orixinalidade, frescura e bo facer á hora de remar, en todo momento, a favor do show!
Monólogos atrevidos e gamberros pero tamén eventos formais e cercanos, as duas caras dun rapaz que xa leva un bo recorrido polos escenarios do país e que segue a preferir estar o máis préto posible do seu público.
Galas de deporte, musicais, entregas de premios, desfiles de moda, cabalgatas de reis, xornadas de Xuventude, feiras de innovación, eventos de tecnoloxía, contidos de marca… nada volverá a ser o mesmo. Un safari de emocións que non vai deixar indiferente a ninguén.