MONÓLOGO DISPOÑIBLE NA REDE CULTURAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
As novas tecnoloxías nunca foron cousa que lle encantaran a este rapaz que medrou nunha vila mariñeira na que as redes, eran para ir pescar… Sentirse vello aos vinte e pico xa non soa tan raro, cando de súpeto, todo aquelo co que levamos convivindo durante séculos, desaparece. Unhas novas formas de vivir que non gustan a todo o mundo, ou que, máis ben, se poden convertir nun gran problema. Este é o caso de Duarte, que non se atopa nada ben porque está pasando por unha forte crise…
O tinder? Na miña época chamábase Mari Carmen… O noso Google era a Enciclopedia Encarta… E os nosos influencers eran o Xabarín Clube e SonGoku!
Pero de súpeto, todo mudou, facéndonos partícipes de grandes cambios xeracionais que non deixan de ser un reflexo de cara a onde está a evolucionar a nosa sociedade. “Vello aos vinte e pico” é un monólogo canalla, moderno e fresco que gusta tanto a novos como a maiores, pois, recordará tamén aqueles xeitos de facer cousas que pouco a pouco, se van perdendo!
Cada un terá a súa opinión, pero, Duarte é un amante do “viva antes” e de todas as cousas que os máis cativos, se están perdendo!
Pero bueno, ao fin e ao cabo, o importante é sorrir!