“Cousas de Rianxo” (2017) é un filme-documental escrito, dirixido e producido xunto ao amigo Román Castaño. Un proxecto moi persoal, moi cercano, moi noso. Algo que fixemos por e para o noso pobo, sen pretender nada máis que iso, chegar aos nosos veciños. Foi incrible coñecer máis se cabe as nosas raíces. Rianxo é distinto, Rianxo é outro rollo: convídovos a visitalo, ides namorar.
Un proxecto que naceu, no seu día, das ganas de Javier “O Poteiro” (e da “Comisión de Festas do Carme” e do “Concello de Rianxo”) de facer algo connosco para a vila. Querían un vídeo de curta duración… e pasámonos da hora e media… É imposible resumir en tan pouco todos os sentimentos que espertaron en nós ao enfrontarnos á realidade que nos veu nacer, que nos criou e que nos sigue regalando os mellores momentos das nosas vidas. A implicación foi tal, que os mellores actores, atopámolos entre os veciños da vila!
Un filme no que “Gustavo”, un rapaz arxentino que volta á terra por problemas cunha herdanza, remata por quedar a vivir no pobo logo de coñecelo… Un filme dun namoramento pola terra. Un filme cercano. Un filme moi de Rianxo!
Con un equipazo técnico coma este, que marabilla traballar!
Para conseguir unha copia, poñédevos en contacto conmigo!
Estarei encantado de facervos o envío!