“Os vellos” son dous persoaxes cómicos que interpretan Duarte xunto co amigo Román Castaño. Unha parella distinta baixo a que soltar distinto tipo de barbaridades pola boca, sen límites. Adaptables a calquer formato e circunstancia, xa levan varias actuacións en directo e varias probas para televisión e traballan para seguir perfeccionando uns seres que ao fin e ao cabo, non deixan de ser unha parte deles mesmos.