Que había nervios era evidente! Imaxinádesvos nun escenario con 900 butacas enfronte, xunto ao melloriño da comedia do país? Sentíame igual que se debeu sentir Iván Campo ou Pavón cando saían ao Bernabeu con Zizou, Beckham ou Roberto Carlos… Coma un cubito de xeo ao lado do iceberg que papou ao Titanic… Coma un Caniche ao lado dun Mastín ou un Seat Panda ao carón dun Ferrari…
Que a vou cagar, pensaba! Que non, verás, vai tranquilo…. que “malo será”, dicían os compañeiros! E así foi…
Subín ao escenario co elenco do “Malo Será” da Televisión de Galicia para colaborar nalgún dos sketches das dúas galas do Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo, correspondentes aos programas 7 e 8 da primeira tempada do programa… cousa bonita!
Unha experiencia brutal, rodeado de grandes profesionais do noso audiovisual como Federico Pérez, Lucía Veiga, Isabel Blanco, Marcos Pereiro, Sabela Hermida, Oswaldo Digón, Santi Romay, Eva Iglesias, Carmen Méndez, Lucía Regueiro, Pedro Brandariz e outros tantos máis… vaia show!
Canto pagaría por voltar?