Ao igual que as mellores orquestas: Os Satélites, o Combo Dominicano, a Abanico ou a París de Noia, percorremos toda a xeografía galega descubrindo algúns dos recunchos máis fermosos e festeiros da nosa terra. Festa, praias, comida, boa xente, calor e… comida, xa o dixen?
Un verán de non parar! O equipo do Aquí Galicia Tour aterrizaba cada día nunha vila tratando de amosarlle aos nosos espectadores as peculiaridades e segredos que agochan os seus veciños. Unha experiencia única, rodeado do melloriño de cada casa, sempre en directo e coa compañeira Lucía Rodríguez ben préto! Que xente tan riquiña ten o noso audiovisual, non si?
A primeira experiencia en riguroso directo deu pra moito, sobre todo, pra deixar atrás ese cosquilleo previo á luz vermella e ao “estás dentro”. Era a primeira vez, e coma en todo, ainda que sempre pode estar mellor, será pra recordar. Saíume da alma: “Témblame tanto a man que vou pegar o micro ao queixo coma o amigo Xosé Ramón Gayoso”… e así foi.
Festa a festa e programa a programa o gusanillo do directo xa corría polas venas… desexando que isto nunca rematase, pero… rematou o verán, e con el, as festas! E ainda bo foi, porque tanto comer, pasa factura! Ainda así, as gañas de voltar son tan grandescoma un día sin pan! Marabilla!