Quen son eu?
Moi boas, compañeir@ de internet, graciñas por pasar polo meu espazo na rede!
Benvid@ ó meu rincón do humor, do sorriso, da comedia… benvid@ á miña cabeza! Eu son Duarte Galbán!
Probablemente te estarás preguntando: Quen carallo é este tipo? Coñézoo de algo? É aquel rapaz que atopei mamado perdido naquel garito a altas horas? Sóame de Tinder? Quen eres? Tranquilo, aquí atoparás todo o que necesitas saber sobre min, que en resumidas contas é que son un pallaso, un pallaso agradecido, un pallaso de Rianxo…
As miñas redes amosan o bo peixe que podo chegar a ser.