Todo comezou cando uns amigos, todos eles estudantes de Comunicación Audiovisual decidiron xuntarse para facer comedia. A idea era unha tolería, mais, eles non estaban moito máis cordos como para non levala adiante. Buscaban facer rir. Conseguírono? Eso xa o teñen que xulgar vostedes.
Tres capítulos e un videoclip que xiran entorno a dous persoaxes: Gafas e Pallaso, dous bos amigos que afrontan xuntos os estraños e hilarantes designios que o universo no que están inmersos lles depara. Un universo que xorde das libres, imaxinativas, creativas e retorcidas mentes duns rapaces con ambición que loitan por sacar adiante un proxecto totalmente seu, sen inferencias externas nin máis limitacións que as que os medios técnicos e o presuposto impoñan.
Unha webserie de humor sen pretensións moito máis profundas que esa. Fresca, lixeira, dinámica e imaxinativa, cun ton completamente desenfadado e unha imaxe colorida e alegre, fuxindo de dramatismos pesados, sen ningunha clase de autolimitación.
No seu día foi, sen dúbida, un sopro de aire fresco.