O novo magazine das tardes da Televisión de Galicia é un paseo cercano polo país que nos ofrece a actualidade máis cercana e a comedia máis natural dun equipo de rapaces que se Phileas Fogg lle pegou a “volta ao mundo en 80 días”, eles o farían en 79.
“A Hora do Tesouro”, é o mini-concurso que interactúa co espectador cada tarde a través das súas mensaxes para participar na busca dalgún dos tesouros da nosa terra, que non son poucos.
Unha quedada diaria para mirar o país dun xeito bonito, cercano e que cada día suma máis espectadores. Unha alegría diaria que por ocasións se interrumpe para contar a realidade dos galegos e galegas. O que pasa na rúa, está na televisión.
Un viaxe máis de Duarte, que aprende cada tarde rodeado dunha morea de profesionais coma a copa dun pino, ou de dous… se son pequenos!